FORO DE EMPREGO.

O grupo Xuristas en Acción vén de publicitar na facultade de dereito e demáis facultades do Campus Universitario que van a organizar un foro de emprego para os días 1, 2 e 3 de outubro no que analizarán a empregabilidade no eido xurídico.

Este proxecto, enmárcase no programa de Iniciativa Xove e terá unha duración de tres días nos que se van a expoñer as saídas profesionais no sector xurídico. Participarán diferentes avogados, para comentar as saídas no ámbito privado, tanto de pequenos e medianos despachos, coma persoal de dun dos bufetes máis grandes de avogados: Garrigues, e funcionarios públicos, para explicar as saídas laborais neste sector.

O foro remata con uns talleres sobre como redactar un bo currículum vitae, carta de presentación e como superar con éxito unha entrevista de traballo. Esta tarefa correspóndelle a unha experta na materia que ademáis é técnico da área de orientación laboral da USC.

Se queredes máis información, preguntádelle por correo: xuristas@gmail.com

Captura

 

DECAMASTER

Nos envían información desde la Universidad de Sassari para que os informemos que se va a realizar la tercera Edicción del DECAMASTER, Máster en Derecho y Economía para la Cultura y el Arte.

Ofrecen varias becas para los interesados. Si queréis saber más sobre este máster, os dejamos dos PDF para que podáis acceder a toda la información.

PDF 1

PDF 2

CURSO SOBRE CONTRATACIÓN PÚBLICA

ABERTA A MATRÍCULA SOBRE O CURSO DE CONTRATACIÓN PÚBLICA ATA O DÍA 21 DE FEBREIRO 2014.

O curso que se propon tenta ofrecer unha formación especializada e actualizada en materia de contratación pública. Co mesmo preténdese atender unha triple demanda: a de aqueles licenciados universitarios preocupados pola materia, ben para completar a súa formación ben para obter uns coñecementos sólidos e actualizados de cara o ingreso nos corpos da Administración; a dos profesionais que aspiren a perfecionar seus coñecementos; e a de moitos dos nosos Concellos e Diputacións que demandan cada día máis persoal especializado co que atender as súas obrigas públicas ou cubri-las lagoas de persoal que a miudo se dan dentro do seu aparato organizativo.

PARA MAIS INFORMACIÓN. MALOCAL@USC.ES

http://www.usc.es/cptf/Formacion/CursosFormacion/Datos2013/Fc38902013-2014g.htm

Captura

FAD apoia a campaña “Gústame o galego”

Imagen

Informámosche de que a USC vai participar na campaña de fomento da lingua galega “Gústame o galego”.

Esta campaña ten como obxectivo visibilizar o apoio individual de persoas ao proceso de normalización lingüística a través de fotos con frases suxestivas sobre o uso do galego en diversos ámbitos e situacións.

A vindeira semana (os días 16, 17, 18 e 19 de setembro) vaise desenvolver a campaña na Universidade, en horario de 10 a 13 e de 16 a 19 h, nos seguintes lugares:

  •     Luns 16: Campus Sur, diante de Psicoloxía
  •     Martes 17: Campus Sur, diante da Biblioteca Concepción Arenal
  •     Mércores 18: Campus Norte e Histórico, diante de Económicas
  •     Xoves 19: Campus de Lugo, diante da Biblioteca Intercentros

Para máis información, podes consultar: https://es-es.facebook.com/gustameogalego.

Solicitamos a túa participación.

Un saúdo.

INFORMACIÓN SOBRE O CURSO 2013/2014

COMEZO DAS CLASES NO CURSO 2013/2014:

Grao en Dereito: luns 9 de setembro.

Licenciatura en Dereito: luns 16 de setembro.

Presentación para os alumnos de primeiro de Grao, primeira matrícula: luns 9 de setembro, ás 13.00 horas, no Salón de Actos.

Asimesmo, informámosvos que xa foi publicada a normativa relativa ó vindeiro curso.

  • Regulamento dos Traballos de Fin de Grao.
  • Normativa de Asignación de Grupo do vindeiro curso.
  • Normativa do Prácticum (inclúe a convocatoria de prácticas externas para o alumnado do Grao).
  • Horarios de clase.
  • Horarios de exames
  • Responsables de docencia.

TODA ESTA INFORMACIÓN ESTÁ DISPOÑIBLE NA WEB PROPIA DA FACULTADE: http://www.usc.es/fac_dereito/.