Onte, día 12 de abril, celebrouse na facultade de Dereito da USC a III xornada do Foro de emprego que a facultade de Dereito, en colaboración coas dúas asociacións con representación estudiantil, organiza.
Contamos coa agradable e desinteresada asistencia de: Carlos Juan Valiña Reguera e Elías González Outumuro.
Facendo unha breve presentación dos dous poñentes, podemos dicir que Carlos Juan é secretario de xuzgado e preparador de oposicións, autor tamén dun importante libro titulado: “Método profesional para aprobar oposicións”, o cal se esgotou na primeira edición e xa vai coa segunda. Déixolles o enlace ao seu blogue: www.metodoprofesional.blogspot.com Poden realizarlle calquera consulta, que estará encantado de responderlle.
O outro poñente, Elías González, participou como coautor no mencionado libro na parte relativa á discapacidade. Hai que dicir que Elías ten, desgraciadamente, discapacidade pero iso non lle impide ser unha persoa loitadora a cal desempeñou e desempeña bos postos de traballo. É un gran opositor. Actualmente é funcionario auxiliar administrativo do Corpo Nacional de Policía, pero tamén foi xefe do servizo informático do Sergas, coordinador do servizo de cita previa da axencia tributaria etc. etc. Posee unha dilatada traxectoria en diversos postos de traballo que lle fan ser un experto na materia.
A continuación lles deixo unha imaxe, onde sean os dous poñentes, sendo moderador da mesa: Rubén Miranda G. , secretario de FAD.


